viernes, 15 de febrero de 2013


APARATO EXCRETOR HUMANO: Sistema Excretor

O sistema ou aparato excretor é o encargado de eliminar as substancias tóxicas e os refugallos do noso organismo.

O sistema excretor está formado polo aparato urinario (formado polos riles e as vías urinarias), os pulmóns e a pel.

Ao sistema excretor debe engadirse o intestino groso ou colon, que acumula refugallos en forma de feces para ser excretadas polo ano.

Os riles son dous órganos con forma de poroto, de cor café, situados a ambos os dous lados do corpo por debaixo da cintura.

Os ouriños son un líquido amarelento composto por auga, sales minerais e substancias tóxicas para o organismo como a urea e o ácido úrico. Logo os ouriños pasan a través das vías urinarias. As vías urinarias están formadas polos uréteres, a vexiga e a uretra. Os uréteres son dous tubos que saen un de cada ril e van parar á vexiga urinaria. Por eles circulan os ouriños formados nos riles.


A PEL
Cando vai moita calor, suamos para arrefriar o corpo e eliminar as substancias tóxicas. A cantidade de suor que excretamos nun día é variable, aínda que normalmente a cantidade aproximada é de medio litro.
A suor é un líquido claro, de gusto salgado, composto por auga e sales minerais. A cantidade e composición da suor non sempre é a mesma xa que está regulado polo sistema nervioso.

A suor prodúcese nas glándulas sudoríparas, que están situadas na pel de todo o corpo, especialmente na fronte, na palma das mans, na planta dos pés, nas axilas... Logo, sae ao exterior a través duns orificios da pel chamados poros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario