martes, 26 de febrero de 2013


Aparello excretor
O aparello excretor é o conxunto de órganos encargado de eliminar esas sustancias de refugallo que se atopan no organismo. Está diseñado para “varrer” os productos resultantes da actividade celular. Fórmano un conxunto de órganos cun funcionamento moi complexo.


¿Que é a excreción?
A excreción é o proceso mediante o que se eliminan sustancias de refugallo que produce o noso corpo. Estas teñen certos compoñentes que poden supoñer un verdaidero veleno para o noso organismo se non se eliminan, polo tanto, deben ser separadas do sangue e expulsadas ó exterior.




Outras formas de excreción
Ademais do aparello excretor ou urinario, outros órganos do corpo interveñen na excreción:
- Os pulmóns: expulsan o dióxido de carbono a través da respiración.
- A pel: Recubre todo o noso corpo e consta de varias capas. No interior dela atópanse as glándulas sudoríparas que constan dun conducto que se abre ó exterior polo poro.
Estas glándulas forman unha substancia de refugallo denominada SUOR. A suor e un líquido que contén auga, sales minerais e substancias de refugallo. Sae ó exterior a través dos poros que hai na superficie da pel.

A suor constitue unha eficaz reguladora da temperatura do corpo humano.
As glándulas sudoríparas poden considerarse unha sucursal dos riles, os cais non sempre poden facer fronte á necesidade de expulsar todo o ácido úrico que se produce nos diversos órganos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario