martes, 26 de febrero de 2013

Organos excrecion

Os riles


Son dous órganos situados na parte posterior do abdome a ámbolos costados da columna vertebral. Teñen forma de feixón. A súa cor é roxiza debido á vascularidade que posúen. Están formados por millóns de pequenos tubos uriníferos que forman un sorprendente sistema de filtraxe.
A súa misión principal consiste en filtrar ó sangue. O sangue que chega os riles ven luxo coas sustancias de refugallo. Difúndese polo ril a través dos vasos capilares e deixa neles os residuos contidos nel. Limpo de sustancias de refugallo é devolto á circulación sanguínea.
Nos riles fórmase a urina, un líquido de cor amarelento que contén as substancias de refugallo que quedan despois de limpar o sangue. Expúlsase ó exterior a través das vías urinarias.

Os uréteres

Son dous pequenos conductos, procedentes un de cada ril, Transportan a urina que se forma nos riles, desde estes á vexiga urinaria. Para iso, realizan uns movementos peristálticos (contraccións periódicas).

A vexiga urinaria

É un músculo elástico en forma de bolsa. Nela almacénanse a urina que chega constantemente dos riles.Unha vez a urina chega á vexiga non pode volver ós uréteres xa que canto máis urina acumula, máis se pecha o burato de saída dos mesmos.Cando a vexiga conten uns 300 ml. síntese o impulso de ouriñar e a urina é expulsada ó exterior a través da uretra nun acto voluntario (micción).

A uretra


A uretra atópase situada debaixo da vexiga urinaria. É un tubo membranoso que serve de conducto de saída ó exterior da urina. A micción é voluntaria, salvo en idades moi tempranas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario